Alpes
cadea de montañas situada en Europa Central / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa.[1] Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.[2] O seu pico máis alto é o Mont Blanc con 4.810,45 metros de altitude[3], situado na fronteira franco-italiana ou moi preto dela, xa que a masiva demarcación da fronteira nunca foi consensuada. Os Alpes forman unha barreira de 1 200 quilómetros entre o Mediterráneo e o Danubio
Alpes | |
---|---|
Foto por satélite dos Alpes | |
Localización | |
Continente/s | Europa |
País/es | Austria Francia Alemaña Suíza Italia Eslovenia Liechtenstein |
Rexión | Europa Central |
Coordenadas | 45°50′1.0″N 6°51′54.0″L |
Datos | |
Subsistema | Alpes Occidentais, Centrais e Orientais |
Principais cumes | Mont Blanc |
Cota | 4.810 m msnm |
Superficie | 190.000 km2 |
Lonxitude | 1200 km |
Ancho | 300 km |
Orientación | leste/oeste |
Tipo | Oroxenia Alpina |
Ríos | Río Rin Río Ródano Río Po |
Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor situáronse desde a prehistoria diversos pobos, principalmente celtas como os borgoñóns, leucos, longobardos, helvecios e posteriormente, xermánicos no noroeste ou pobos itálicos logo da conquista da Gallia Cisalpina por Xulio César.
Hai unha organización especial para a protección dos Alpes chamado o Convenio dos Alpes.