Juniperus
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xenebreiros ou cimbros forman o xénero Juniperus,[1] Son coníferas arbóreas ou arbustivas, pertencentes á familia das cupresáceas. Dependendo do punto de vista taxonómico, hai entre 50 e 67 especies de xenebreiros distribuídas por todo o hemisferio norte, desde o Ártico cara ao sur até a África tropical, no Vello Mundo, e até as montañas de Centroamérica.
Máis información Xenebreiros (xénero Juniperus), Clasificación científica ...
Xenebreiros (xénero Juniperus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Juniperus phoenicea | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sectio | |||||||||||||
|
Pechar
As especies repártense en dúas seccións (sectiones), os xenebreiros (J. secc. Juniperus) e as sabinas (J. secc. Sabina).
En Galiza só unha especie é natural no alto das serras orientais do país: o xenebreiro rastreiro (Juniperus communis subsp. alpina).