Jeremy Corbyn
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jeremy Bernard Corbyn, nado o 26 de maio de 1949 en Chippenham, Wiltshire,[1][2] é un político británico socialista democrático,[3] líder do Partido Laborista e líder da oposición de 2015 a 2020.[4] Representou Islington North no Parlamento do Reino Unido (MP) desde 1983,[4] e elixido líder do Partido Laborista en 2015.[5]
Foi membro do Consello de Haringey en 1974 e, antes de ser político, representante de sindicatos.[6] Gañou numerosos premios polo seu traballo como activista internacional dos dereitos humanos.[7] Como deputado, é coñecido polo seu activismo e por votar en contra do whip cando o partido estaba no goberno con Tony Blair e Gordon Brown.[8] Traballou en apoio ao movemento contra a austeridade e para deter os recortes ao sector público e ao financiamento do benestar desde 2010.[9] Traballou tamén para evitar a evasión de impostos das grandes empresas persoas moi ricas. Foi un activista antiguerra e antinuclear,[7] apoia unha política exterior de non intervencionismo militar e o cesamento na construción de armas nucleares.[7] É membro do Grupo de Campaña Socialista (Socialist Campaign Group), da Campaña de Solidariedade con Palestina, de Amnistía Internacional e da Campaña para o Desarme Nuclear (CND).[7] Foi presidente nacional da coalición Stop the War desde xuño de 2011 até setembro de 2015.[10]
Após a derrota dos laboristas nas eleccións de 2015 e da dimisión de Ed Miliband, candidatouse á dirección do Partido o 6 de xuño. Aínda que moitas persoas non crían que gañaría,[11] [12] tivo os votos suficientes para converterse en candidato. Foi apoiado por sindicatos e activistas da esquerda.[13] Foi elixido líder do PL o 12 de setembro de 2015 após conseguir o 59,5% dos votos na primeira volta.[14]
En xuño de 2016, tras os acontecementos da votación de "leave" no referendo da UE, os deputados laboristas aprobaron unha moción de censura por 172 votos contra 40, despois da dimisión de cerca de dous terzos do "gabinete na sombra" de Corbyn. Despois enfrontouse a un segundo liderado, contra Angela Eagle e Owen Smith.[15] En xullo de 2016, Eagle abandonou, deixando a Smith e Corbyn como únicos candidatos[16] e o 24 de setembro de 2016, Corbyn gañou con maioría do 61,8%.[15] Despois de que se anunciasen as eleccións de 2017, dixo estar preparado para ofrecer unha "alternativa real" ao goberno conservador. O Partido Laborista subíu 32 escanos, pero os conservadores seguiron sendo o partido máis numeroso. En 2019, Corbyn creou un plan para evitar un Brexit sen acordo, que implicaba a creación dun goberno interino temporal e despois facer campaña por unha "votación pública sobre as condicións da saída da Unión Europea, incluída a opción de permanecer".[17] [18] Criticou publicamente o antisemitismo dentro do PL, aínda que moitos cren que Corbyn é responsábel dalgúns ataques antisemitas no partido.
Nas eleccións xerais de 2019, os laboristas sufriron a súa peor derrota desde 1935, baixando a pouco máis de 200 escanos. Corbyn dixo que non lideraría aos laboristas ás próximas eleccións, e Sir Keir Starmer substituíno 4 de abril de 2020.[19] Corbyn foi suspendido do PL por un mes o 29 de outubro de 2020, despois de dicir que non aceptaría o que a Comisión de Igualdade e Dereitos Humanos atopara sobre o antisemitismo.[20] O seu whip do partido permaneceu suspendido até febreiro de 2021.[21]