Incenso
From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo trata sobre a substancia recendente, para a especie botánica "Myrocarpus frondosus" véxase o artigo: cabreúva.
O incenso (do latín: incendere, "queimar") é unha especie de goma extraída de certas árbores que, ao arder, desprende un cheiro agradábel e se emprega normalmente en cerimonias relixiosas[1]
A nivel sanitario o incenso ou incensum é unha gomorresina recendente que se extrae de varias árbores da familia das burseráceas e forma parte da composición dalgúns emplastos, antídotos e bálsamos[2].
O incenso refírese á substancia en si, mais do que o cheiro que ela produce. Úsase en cerimonias relixiosas, rituais de purificación, aromaterapias, meditación, e para enmascarar un mao cheiro. O incenso está composto por materiais aromáticos chamados bióticos (orixinado por seres vivos - neste caso, plantas aromáticas) moitas veces combinados con óleos esenciais, que liberan unha fumaza perfumada cando son queimados. As formas do incenso teñen mudado cos avances da tecnoloxía, as diferenzas de cultura subxacente, e coa diversidade nas racións para queimalo. Os dous principais tipos xeralmente poden ser divididos en "queima indirecta" e "queima directa". O incenso de queima indirecta, tamén chamado de "incenso non-combustíbel", require unha fonte separada de calor, unha vez que non é capaz de queimarse. O incenso de queima directa, tamén chamado de "incenso combustíbel", é aceso directamente por unha lapa e deposto se espalla, a brasa do incenso irá ardendo e liberando a fragrancia. Exemplos de incenso de queima directa son as varas de incenso, conos ou pirámides usados nos fogares.