Antídoto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un antídoto é unha substancia capaz de contrarrestar ou reducir o efecto doutra substancia potencialmente tóxica mediante unha acción química relativamente específica. Os antídotos opóñense ó efecto tóxico actuando sobre o propio tóxico, inactivándoo. Por contra, os antagonistas son substancias que actúan opóndose á acción do tóxico, ben bloqueando o receptor antes de que o faga o tóxico ou mesmo desprazándoo se xa se uniu (antíxeno específico), ou ben actuando sobre outro receptor diferente ao do tóxico e producindo unha acción oposta á daquel (antíxeno inespecífico).
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |