Imperio Songai
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Imperio Songai (Songhai) ou Imperio Sonrai[Cómpre referencia] foi un estado pre-colonial africano e unha gran civilización da África Occidental que se desenvolveu en áreas pertencentes sobre todo o actual estado de Malí.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Gao (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Línguas songai (pt) | ||||
Relixión | Islam | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1464 | ||||
Disolución | 12 de marzo de 1591 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Moeda | cowrie currency (en) | ||||
Do inicio do século XV até o final do XVI, Songai foi un dos maiores imperios africanos da historia. Tiña o mesmo nome do seu grupo étnico líder, os songais. A súa capital era a cidade de Gao, onde un pequeno estado songai xa existía desde o século XI. A súa base de poder era sobre a volta do río Níxer nos actuais Níxer e Burkina Faso.
Antes do Imperio Songai a rexión fora dominada polo Imperio de Malí, unha das civilizacións máis ricas da historia do mundo. Malí tornouse famoso debido á súa inmensa riqueza obtida a través do comercio co mundo árabe, e os lendários haje de Mansa Musa. No inicio do século XV, o Imperio de Malí comezou a declinar. As disputas pola sucesión enfraqueceron a coroa e moitos se afastaron. Os songais foron uns deles, facendo a cidade prominente de Gao a súa nova capital.
O Estado dos songais orixinouse na rexión de Dendi, do noroeste de Nixeria, no século VIII. O ano 800, estabeleceron unha cidade do mercado florescente en Gao. Aceptaron o islam en torno ao ano 1000. Durante séculos, dominaron os pequenos estados adxacentes mentres que eran controlados polo poderoso Imperio de Malí do Oeste. Os songais vivían da pesca e do comercio local de ouro e sal. O século XV, os songais conquistaron Malí, formando un único imperio,tamén mantiñan a agricultura e o pastoreo.[1][2][3][4][5]