Hafez
poeta e místico persa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Khwaja Shams d-Dīn Muhammad Hafez-e Shirazi (en persa خواجه شمسالدین محمد حافظ شیرازی), nado en Shiraz en 1315 ou 1317 e morto tamén en Shiraz en 1389 ou 1390[1] máis coñecido polo pseudónimo (làqab) Hafez ou Hafiz[2] (o Preservador en árabe), que é como se denomina a quen sabe de memoria o Corán, foi un poeta e místico persa[2][3] que nas súas obras cantou aos praceres do amor e o viño, pero nas que tamén criticou a hipocrisía relixiosa.[4] As súas obras atópanse nos fogares da xente do mundo persa, quen aprenden os seus poemas de memoria e úsanos coma refráns e proverbios.[3] A súa vida e poemas foron o obxecto de moitas análises, comentarios e interpretacións, e foi o autor máis influente na poesía persa posterior ao século XIV.[3]
Khwaja Shams d-Dīn Muhammad Hafez-e Shirazi Debuxo do século XVIII. | |
Nome orixinal | (fa) خواجه شمسالدین محمد حافظ شیرازی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1315 Shiraz |
Morte | 1390 Shiraz |
Lugar de sepultura | Túmulo de Hafez (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Mufazárida |
Relixión | Islámica |
Formación profesional | Coránicos |
Actividade | |
Lugar de traballo | Persia |
Ocupación | poeta , letrista , escritor |
Xénero artístico | poesía |
Movemento | Poesia lírica (pt) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | حافظ |
Lingua | Lingua persa, Lingua taxica e árabe |
Obra | |
Obras destacables
| |
Hafez era musulmán xiíta e místico sufí.[2] Os seus poemas máis coñecidos son aqueles que poden ser descritos como "antinomios". As matizacións relixiosas aparecen no tratamento dun dos seus temas favoritos: o paradoxo entre a piedade e o antinomianismo na súa propia conduta,[5] e no uso medieval do termo "teosofía", empregado durante os séculos XIII e XIV para indicar as obras místicas de autores só inspirados polos libros sagrados, en contraposición co termo teoloxía. Inicialmente escribiu no xénero literario da literatura islámica chamado ghazal, un poema lírico de 6 a 15 dísticos unidos máis polo simbolismo ca por unha secuencia lóxica de ideas[2]; é o estilo ideal para expresar en forma de poemas a éxtase da inspiración divina no misticismo islámico. Os seus ghazals falan da amada, da fe e da hipocrisía; e tratan temas como o amor, o viño e escenas de tabernas como éxtase e liberación das restricións tanto mundanas coma espirituais na voz do amante falando do amor divino.[3][6]
Foi poeta da corte, e como tal desfrutou do mecenado de varios gobernantes de Shiraz, aínda que en 1368 ou 1369 perdeu o favor da corte que non recuperou ata vinte anos despois, xusto antes da súa morte.[2] Na súa obra poética hai moitas referencias a feitos históricos, detalles sobre a vida en Shiraz e descricións biográficas.[2]. A pesar de todo coñécense moi poucos detalles da súa vida, o cal fai que se vexa rodeada dun aire de misterio e lendas.[1] A súa influencia na vida dos falantes persas é inmensa, e os seus poemas continúan a seren empregados na música tradicional persa, nas artes visuais e na caligrafía.[6] Tamén influíu en poetas occidentais coma Thoreau, Goethe ou Emerson.[6] A súa tumba recibe peregrinos de diferentes orixes.[7] O asteroide 12610 Hafez foi bautizado así no seu honor.[8]