Estevo Nemanja
From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo Nemanja (en eslavo eclesiástico, Стѣфань Неманя; en serbio cirílico, Стефан Немања; en latino, Stefan Nemanja; pronunciación AFI,ˈstɛfaːn 'nɛmaɲa) nado contra 1113,[1] e finado o 13 de febreiro de 1199[1], foi un gobernante medieval serbio, gran župan de Raška, e fundador da dinastía Nemanjić, que gobernou o Reino de Serbia, que os seus sucesores converteron no Imperio serbio, o estado serbio máis poderoso de todos os tempos.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1113 (Gregoriano) Depedogen (Doclea) |
Morte | 13 de febreiro de 1199 (Gregoriano) (85/86 anos) Mosteiro de Hilandar, Grecia (pt) |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Studenica (pt) 43°29′11″N 20°31′54″L |
Župan | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | Eastern Orthodox monk (en) (1196–1199), gobernante (1166, 1168–1196), líder militar |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 13 de febreiro |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Anastasia of Serbia |
Fillos | Sava de Serbia, Vukan Nemanjić of Serbia (en) , Estevo Nemanjić |
Pai | Zavida (en) |
Irmáns | Estêvão Tihomir (pt) , Stracimir Zavidović (en) e Miroslav of Hum (en) |
Cronoloxía | |
25 de marzo de 1196-1199 | monasticismo (pt) |
1168 | Council against Bogomilism (Serbia) (en) |
1167 | Battle of Pantino (en) |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Considérase, xunto co seu fillo, Rastko Nemanjić (San Sava), o pai da Igrexa ortodoxa serbia. Ao longo da súa vida, patrocinou moitas igrexas e mosteiros, e o últimos anos pasounos nun deles, o mosteiro de Hilandar, no Monte Athos (Grecia), e despois no de Chelandariou onde morreu e foi enterrado o ano 1199.
En 1200 a Igrexa ortodoxa serbia canonizouno co nome de San Simeón (San Simón) (en serbio, Sveti Simeon). Os seus restos foron trasladados ao Mosteiro de Studenica o ano 1208, onde prermaneceron até hoxe.[2]
Venerado pola Igrexa ortodoxa, a súa festividade é o 26 de febreiro (polo calendario gregoriano), 13 de febreiro (polo calendario xuliano).