Enlace químico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un enlace químico é a unión entre dous ou máis átomos para formar unha estrutura maior, como unha molécula ou unha estrutura cristalina, que constitúen a estrutura básica dunha substancia ou composto químico. Na natureza existen aproximadamente unha centena de elementos químicos. Os átomos destes elemento químicos ao unírense forman a grande diversidade de substancias químicas.
Mais para que o enlace se produza, débense cumprir unhas condicións axeitadas. Deben ser cumpridas a regra do dueto e a regra do octeto.
Os enlaces químicos poden ocorrer a través da doazón e recepción de electróns entre os átomos ou compartillamento de átomos.