Crocodylus rhombifer
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Crocodylus rhombifer, xeralmente chamado crocodilo cubano, é unha pequena especie de crocodilo que se encontra só en Cuba. A súa lonxitude habitual é de entre 2,1 e 2,3 m e adoita pesar entre 70 e 80 kg. Os machos grandes poden chegar como moito aos 3,5 m de lonxitude e pesar algo máis de 215 kg. Malia o seu modesto tamaño, é un animal moi agresivo e potencialmente perigoso para os humanos.
Crocodylus rhombifer | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Crocodylus rhombifer Cuvier, 1807 | |||||||||||||||
Área de distribución do crocodilo cubano |
O crocodilo cubano é interesante para os biólogos por ter algúns trazos físicos e de comportamento únicos. Ten patas longas e fortes, e é o de costumes máis terrestres de todos os crocodilos existentes. Os seus hábitats preferidos son ambientes de auga doce como pantanos e ríos. Alí, os adultos aliméntanse de peixes, tartarugas e pequenos mamíferos, mentres que os xoves comen invertebrados e pequenos peixes. O apareamento ocorre en maio e xullo. Os animais en catividade mostran un comportamento de caza cooperativa e poden aprender algúns trucos.
Está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza. Antes estaba espallado polo Caribe, pero a súa área de distribución foi minguando ata incluír só o pantano Zapata e a illa de Pinos (ou da Juventud), debido á caza humana. Hai proxectos de crianza en catividade para axudar a especie a recuperarse.