Couto Mixto
microestado independente entre Galicia e Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente[1] situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.[2][lower-alpha 1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Santiago | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.000 (1864) (37,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua galega lingua castelá lingua portuguesa lingua galego-portuguesa | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século X | ||||
Disolución | 23 de xuño de 1868 | ||||
Sucedido por | Reinado de Isabel II de España e Reino de Portugal | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Democracia directa | ||||
• Xefe de estado | Delfín Modesto Brandón (1863–1865) | ||||
Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano,[4] que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España. Entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio (como o do sal, obxecto de estanco),[lower-alpha 2] liberdade de cultivos (como o tabaco, obxecto de estanco), liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes, e outros.[5]
Esta situación, moi antiga, foi cualificada de anómala[6] e, tanto España como Portugal, determinaron unanimemente que non se podía manter, por ser particularmente propicia ó contrabando e por acolleren tamén neses terreos bandos de malfeitores.[7] Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España.[8] En contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal as chamadas aldeas promiscuas (Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos).[9] O territorio do Couto Mixto aínda incluía unha pequena tira deshabitada, dedicada a pastos, que quedou integrada no municipio portugués de Montalegre.[1]