Cambedo
aldea portuguesa da freguesía de Vilarelho da Raia, no concello de Chaves / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cambedo da Raia é unha aldea portuguesa da freguesía de Vilarelho da Raia, no concello de Chaves. Un lugar de Trás-os-Montes que está situado na fronteira con Galiza (A Raia). No ano 2010 tiña 70 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Vila Real | |||
Concello | Chaves | |||
Freguesía | Vilarelho da Raia | |||
Até 1868 era considerado ―canda Lamadarcos e Souteliño― un dos tres pobos promiscuos, por estar situado na propia fronteira, entre Galiza e Portugal. A parte galega pertencía á parroquia de Oímbra e a portuguesa á de Vilarelho da Raia.[1] Nese ano, a parte galega foi anexada a Portugal coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864.
A mediados do século XIX tiña unha poboación de 25 veciños galegos e 13 portugueses, sendo o único pobo promiscuo con máis galegos ca portugueses.[2] Así mesmo, tiña en 1857 24 veciños galegos que equivalían a 78 habitantes.[3]
O 19 de decembro de 1946 tivo lugar nas súas inmediacións a batalla de Cambedo.