Columnata
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na arquitectura clásica, unha columnata[1] é unha longa secuencia de columnas vinculadas por un arquitrabe común. Ás veces constitúe un elemento autónomo, como a famosa columnata que Gian Lorenzo Bernini deseñou fronte á basílica de San Pedro do Vaticano, conformando unha gran praza de planta elíptica, ou a da catedral de Kazán, en San Petersburgo.
A forma particular da de San Pedro responde á necesidade de crear un espazo visualmente pechado pero materialmente aberto que se poida encher e baleitar de xente eficazmente. Cando unha persoa camiña pola praza de San Pedro o propio espesor das columnas superpostas entre si dálle a entender que é un espazo pechado. Porén, ao situarse nunha das dúas fontes, a percepción cambia por completo xa que estas coinciden cos focos da elipse e desde ese punto pode verse o exterior da praza a través das columnas, que xa non se superpoñen entre si.