Fonte (arquitectura)
peza arquitectónica que expulsa auga / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha fonte é unha construción (popular ou culta) cun ou varios canos por onde sae auga[1]. Como elemento arquitectónico adoita estar situado nun espazo urbano ou habitado, con fins utilitarios, de confort ambiental ou decorativos. Así, as fontes áchanse en patios, xardíns, largos, prazas, ou en lugares senlleiros da vila, embelecéndoos e resaltando a súa importancia. En Galiza, pola abondosidade de mananciais, podemos atopar fontes en calquera lugar: par dos lavadoiros, en muros, adros, prazas etc. As máis tradicionais constan dun cano que sae dun muro ou dunha pedra, e que deita a auga nunha pía, son unha simple canalización dunha mina de auga.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fonte.