Che Guevara
médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ernesto Guevara[1], coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño[2] de 1928 e finado en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967, foi un médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
(1960) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ernesto Guevara 14 de xuño de 1928 Rosario, Arxentina |
Morte | 9 de outubro de 1967 (39 anos) La Higuera, Bolivia |
Causa da morte | homicidio execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Che Guevara Mausoleum (en) |
Minister of Industry of Cuba (en) | |
11 de febreiro de 1961 – 1 de abril de 1965 ← sen valor | |
Datos persoais | |
Residencia | Arxentina (1928–) Guatemala Bolivia Cuba México |
País de nacionalidade | Cuba Arxentina |
Educación | Universidade de Buenos Aires - medicina (1948–1953) St Benedict's School (en) |
Altura | 176 cm |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | revolucionario , guerrilleiro |
Partido político | Partido Comunista de Cuba |
Membro de | |
Interesado en | Xadrez, rugby a 15, poesía e lectura |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Che Guevara Luís Hernández Gálvez Chang-Cho Tatu Adolfo Mena González Ramón Chancho Furibundo Serna Fuser Pelado Teté Fernando Sacamuelas |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Cuba |
Rango militar | Comandante |
Conflito | Revolución cubana, Guerrilha de Ñancahuazú (pt) , Crise do Congo (pt) , Batalha de Santa Clara (pt) e Invasión de Baía de Cochinos |
Deporte | rugby a 15 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Aleida March (1959–1967) Hilda Gadea (1955–1959) |
Parella | María del Carmen Chichina Ferreyra (en) (1950–1951) |
Fillos | Aleida Guevara March () Aleida March |
Pais | Ernesto Guevara Lynch (pt) e Celia de la Serna (en) |
Premios | |
|
En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense[3].
Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino e criminal, acusándoo ademais dunha mala xestión como ministro de Industria.