Chacal de lombo negro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O chacal de lombo negro (Canis mesomelas) é un membro da familia canidae nativo de dúas áreas de África separadas por 900 km. Unha das rexións abrangue a parte sur do continente, incluíndo Suráfrica, Namibia, Botswana e Cimbabue. A outra área esténdese pola costa leste do continente, en Kenya, Somalia, Djibuti e Etiopía. A súa situación está clasificada pola IUCN como pouco preocupante, debido a súa ampla distribución e adaptabilidade, malia que é perseguido por ser un depredador e por portar o vector da rabia.[1]
Chacal de lombo negro Canis mesomelas Rango fósil: Plioceno - presente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. m. mesomelas, Namibia. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Canis mesomelas' (Schreber, 1775) | |||||||||||||||
Distribución | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
2 ssp., Véxase texto |
Comparado con outros membros do xénero Canis, o chacal de lombo negro é unha especie antiga, que evolucionou pouco dende o Plistoceno,[2] sendo o cánido máis basal xunto co chacal raiado.[3] É un cánido con aspecto de raposo[4] con pel avermellada e unha mancha negra que percorre dende os ombreiros até a base do rabo.[5] É un animal monógamo, cuxas crías poden ficar coa familia para axudar a criar novas xeracións.[6]