Cemiterio de Ribadeo
cemiterio en Ribadeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cemiterio de Ribadeo é o camposanto público da vila mariñá, construído en 1932. Sitúase sobre a ría de Ribadeo, e parte dunha doazón dos irmáns Moreno. Ten unha extensión de 1,92 ha[1] e dispón dunha capela modernista con vidreiras de época. Ten un osario e un antigo edificio de autopsias, hoxe en desuso. A portada de acceso garda unha certa semellanza coa do cemiterio Colón da Habana.