Ría de Ribadeo
accidente xeográfico na desembocadura do río Eo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ría de Ribadeo,[1] (en Asturias é empregado tamén o nome de ría do Eo)[2][3][4] é unha ría cantábrica situada entre Galiza e Asturias e formada pola desembocadura do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Suarón e o río Grande. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca —onde é atravesada pola ponte dos Santos— e abríndose máis á altura das enseadas de Arnao —xusto á beira da boca— da Lieira —entre Castropol e As Figueiras— e del Tarrón —a máis interior—, todas na parte oriental.
Ría de Ribadeo | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Galiza |
División | Galiza |
Subdivisión | Lugo e Asturias |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Cantábrico |
Continente | Europa |
Coordenadas | 43°32′07″N 7°01′54″O |
Xeografía | |
Afluentes | Río Eo (91,5 km), río Suarón (18,5 km), río Grande e regato do Esquilo |
Cidades ribeiregas | Ribadeo, Castropol, As Figueiras |
Características | |
Lonxitude máxima | 10 km. |
Anchura máxima | 1,2-0,6 km |
Mapa | |
Localización da ría de Ribadeo (NL de Galiza) | |
A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.