Celebridade
persoa famosa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A celebridade (ás veces referido co anglicismo "celebrity") ou a fama, son atributos de persoas amplamente coñecidas e reputadas, que teñen e reclaman un alto grao de atención por parte do público e dos medios de comunicación. Unha «celebridade» é unha «persoa famosa»,[2] e a palabra vén do latín celebrĭtas; pola súa banda, «famoso» provén igualmente do latín famōsus.
Mentres que a fama é xeralmente un requisito para alcanzar o status de «celebridade», non sempre é suficiente. Ten que existir certo nivel de interese público na persoa, que pode estar motivado ou non, coa razón pola que esa persoa é famosa. Moitas celebridades sono só durante un período concreto, quizais por aparecer nun programa de televisión, ou facer algo que as sitúa baixo o escrutinio do público, como cruzar o Estreito de Xibraltar a nado, ou ser o primeiro en facer algo.
Unha figura pública como un político ou un empresario pode ser famoso, pero non converterse nunha celebridade, a menos que se concrete ou provoque o interese do público e/ou dos medios de comunicación. Por exemplo, o director da compañía Virgin, Richard Branson, era famoso como executivo ou empresario, pero non se converteu nunha celebridade ata que intentou circunnavegar a Terra nun globo. Doutra banda, as personalidades do mundo do espectáculo como actores de culebróns ou estrelas da música pop, poden transformarse en celebridades ata se as persoas tratan intencionadamente de eludir a atención dos medios de comunicación e do público en xeral.
Paris Hilton e Nicole Richie son dous exemplos de celebridades coñecidas polas súas herdanzas multimillonarias, sen ter en realidade mérito algún propio.