Estreito de Xibraltar
espazo xeográfico que conecta o mar Mediterráneo co océano Atlántico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estreito de Xibraltar é un estreito que comunica o océano Atlántico co mar Mediterráneo, separando Europa e África. Ao norte do estreito atópanse España e Xibraltar, e ao sur, Marrocos e a cidade autónoma de Ceuta.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Estreito de Xibraltar | |
---|---|
مضيق جبل طارق Estrecho de Gibraltar | |
Localización administrativa | |
Estado | España Marrocos |
División | (ESP) (ESP) Tánger-Tetuán (MAR) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico Mar Mediterráneo |
Continente | Europa, África |
Xeografía | |
Mares contiguos | Golfo de Cádiz Mar de Alborán |
Accidentes | |
Cabos | Punta de Tarifa Cabo Espartel |
Características | |
Anchura mínima | 12,3 km |
Mapa | |
Pechar
Ten 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na Península Ibérica.