Ceca de Soho
ceca privada inglesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ceca de Soho (en inglés: Soho Mint) foi unha fábrica dedicada á cuñaxe de moeda instituída polo industrial británico Matthew Boulton en 1788, nos albores da Revolución Industrial, no seo da súa empresa Soho Manufactory, na contorna de Birmingham, en Inglaterra. [1][2][3][4][5]
Datos rápidos Ceca de SohoSoho Mint –Soho Manufactory–, Tipo ...
Ceca de Soho Soho Mint –Soho Manufactory– | |
---|---|
Edificio de Soho Manufactory en 1773, onde se estableceu a Soho Mint. | |
Tipo | Casa de moeda |
Fundación | 1788 |
Matriz | Soho Manufactory. |
Localización | Birmingham Inglaterra |
Fundador | Matthew Boulton. |
Persoas clave | James Watt. |
Produtos | Moedas públicas e privadas e medallas. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A ceca, instalada nas mesmas instalacións da factoría de Boulton, contaba con oito máquinas de deseño propio, movidas por un motor de vapor, capaces de cuñar entre 70 e 84 moedas por minuto.[1][4][6]