Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 é o campionato anual número 65 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Os equipos e pilotos disputaron dezanove Grandes Premios para o Mundial de pilotos e o Campionato do Mundo de Construtores. A tempada comezou en Australia o 16 de marzo e concluíu en Abu Dabi o 23 de novembro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 25 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 16 de marzo de 2014 – 23 de novembro de 2014 |
Número de edición | 65 (2014) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Lewis Hamilton |
Campionato do Mundo de Construtores | Mercedes |
Datos estatísticos | |
Carreires | 19 |
En 2014, o campionato viu a presentación dun novo motor de fórmula, no que os motores V8 de 2´4 litros utilizados entre 2006 e 2013 reemprazaronse por unha nova fórmula de motores V6 de 1´6 litros turboalimentados que incorporan un sistema de recuperación de enerxía na súa estrutura.[1] Na tempada 2014 incorporarase o Gran Premio de Rusia no calendario, a carreira se celebra no Circuíto urbano de Sochi en Sochi[2] e volvera disputarse o Gran Premio de Austria, a carreira se celebra no Red Bull Ring en Spielberg.[3] O Gran Premio da India suspenderase por un ano antes de mudarse a unha data no inicio de tempada no 2015,[4] mentres que o Gran Premio de Corea foi retirado do calendario definitivamente[5].
Sebastian Vettel comezou a tempada defendendo o Campionato de Pilotos, logo de conseguir o seu cuarto título consecutivo no Gran Premio da India de 2013. O seu equipo, Red Bull Racing, comezou a tempada defendendo o Campionato de Construtores, que tamén gañou o seu cuarto campionato consecutivo na India.[6]
O piloto de Mercedes Lewis Hamilton logrou o campionato do mundo de pilotos de 2.014 con 384 puntos, por diante do seu compañeiro de equipo, Nico Rosberg que sufriu problemas técnicos durante a carreira final en Abu Dabi e finalizou 14º, pero gañou o Trofeo Pole 2014.[7] Mercedes lograra o seu primeiro Campionato de Construtores en Rusia, acadando unha vantaxe inalcanzable de 278 puntos de vantaxe sobre Red Bull Racing.[8]
Durante esta tempada por primeira vez desde a tempada de 1993 Ferrari non gañou ningunha carreira, así como, por primeira vez na historia desde a tempada inaugural en 1950 nin Ferrari nin ningún construtor británico gañaron ningunha carreira do campionato.