Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 é outorgado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) ó piloto de Fórmula 1 máis exitoso da tempada, sendo este determinado por un sistema de puntuación baseado nos resultados finais de cada Gran Premio. O primeiro Campionato Mundial de pilotos gañouno Nino Farina en 1950, sendo Alberto Ascari o primeiro piloto en conseguir máis dun campionato, en concreto os de 1953 e de 1954.
A FIA non declara oficialmente ó campión até que a tempada estea rematada, pero dícese xa que un piloto acadou o título cando non hai outro que sexa capaz de obter máis puntos que el aínda que consiga o máximo en tódalas carreiras restantes. O Campionato de Pilotos foi gañado 29 das 69 veces que foi disputado na derradeira carreira. A vez que o Campionato foi decidido máis cedo foi en 2002, cando Michael Schumacher o gañou a falta de seis carreiras para o final da tempada.
En total 34 pilotos diferentes gañaron o Campionato, sendo os alemán Michael Schumacher e o inglés Lewis Hamilton os que máis acadaron, con sete. Ademais, Schumacher ten o récord de máis Campionatos consecutivos, con 5 dende o 2000 até o 2004. O asturiano Fernando Alonso e o único español que logrou o título (2005 e 2006). O Reino Unido produciu a maioría dos pilotos gañadores do campionato do mundo con dez; Brasil, Alemaña e Finlandia son os seguintes con tres cada un. Dos 34 pilotos que conseguiron o título mundial, 20 seguen vivos. O último falecido foi John Surtees (1934-2017). O campión actual é Max Verstappen. Entre os equipos, a Scuderia Ferrari produciu a maioría dos pilotos gañadores do Campionato Mundial con 15.