Cameria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cameria (en albanés: Çamëria; en grego: Τσαμουριά, Tsamouriá; en turco: Çamlık)[2] é un termo usado principalmente polos albaneses das partes costeiras da rexión de Epiro no sur de Albania e noroeste de Grecia, asociado tradicionalmente coa poboación de fala albanesa coñecida como Chams.[1][3] Durante un breve período (1909-1912), tres kazas (Filat, Aydonat e Margiliç) foron combinados polos otománs nun distrito administrativo coñecido como "Çamlak sancak".[4] Ademais de usos xeográficos, o topónimo adquiriu connotacións irredentistas en Albania.[5][6] Durante o período de entreguerras o topónimo era de uso común[7] e era o nome oficial da área baixo o río Acheron en tódolos documentos de Grecia.[8] Hoxe é un termo obsoleto en grego,[9] sobrevivindo só nalgunhas cancións populares. A maioría de Cameria está dividida entre as unidades rexionais gregas de Thesprotia, Preveza e Ioannina, e o concello de Konispol na parte máis setentrional de Albania. O topónimo grego Epirus é máis amplo e existiu dende a antigüidade, e o de Thesprotia tamén reflicte un pasado antigo, e dados os sentimentos negativos cara ao irredentismo albanés, o termo Cameria non é usado polos veciños do lado grego da fronteira.