Berce da civilización
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo berce da civilización refírese a localizacións onde, segundo os datos arqueolóxicos, puido ter xurdido a civilización. O pensamento actual é que non houbo un único berce, senón varias civilizacións que se desenvolveron independentemente, co Crecente Fértil (Mesopotamia e Antigo Exipto) considerados os máis antigos.[1] Outras civilizacións xurdiron en Asia entre as diferentes culturas que poboaban os vales dos ríos, como na chaira indoganxética do subcontinente indio[2][3] e no río Amarelo da China.[4] O alcance e a influencia destas primeiras civilizacións en Oriente Próximo e Asia Oriental está en disputa. Os estudosos concordan que as civilizacións de Mesoamérica, principalmente no actual México, e civilización de Caral no actual Perú xurdiron independentemente das de Eurasia.[5]
Os estudosos definiron diversos criterios propios das civilizacións, como o uso da escrita, as cidades, as sociedades de clases, a agricultura, os edificios públicos, a metalurxia e a arquitectura monumental.[6][7] O termo berce da civilización foi empregado en gran variedade de culturas e áreas, en particular a Idade do Cobre do Antigo Oriente Próximo, o Crecente Fértil, a Antiga India e a Antiga China. Tamén foi aplicado para Anatolia, o Levante mediterráneo e Irán.