Chaira indoganxética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A chaira indoganxética é unha fértil planicie de 2,55 millóns de km² que comprende a maior parte do norte e do leste da India, o leste de Paquistán e Bangladesh. A rexión toma o seu nome dos Indo e Ganxes, e inclúe un gran número de áreas urbanas. Limita polo norte coa cordilleira do Himalaia, que alimenta os seus numeroso ríos e é a fonte do fértil aluvión depositado ao longo da rexión polos dous sistemas de ríos, ao sur coa meseta Chota Nagpur e as serras de Vindhya e Satpura, e polo oeste co altiplano iraniano.