Belén (en árabe, بيت لحم, Bayt aḥ m) é unha cidade palestina na rexión coñecida como Cisxordania, situada a un 9 km ao sur de Xerusalén e situada nos montes de Xudea. Desde decembro de 1995, atópase administrada pola Autoridade Palestina, que adoptou o nome de Estado de Palestina en 2013. A súa poboación era de 25 266 habitantes en 2007,[1] sendo a metade musulmáns e a outra metade cristiáns, na súa maioría ortodoxos.[2]
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Pechar
A cidade ten gran significado relixioso para os cristiáns ao ser, de acordo coa Biblia, o lugar de nacemento de Xesús de Nazaret segundo os evanxeos de Lucas e Mateu. É tamén un importante lugar de peregrinación para os xudeus, que veneran a tumba de Raquel situada á entrada da cidade e para os que a cidade é lugar de nacemento e de coroación do rei David.
O goberno de Israel rodeou a cidade de murallas e pasos de control para evitar ataques terroristas,[3] impedindo o libre tránsito dos habitantes e limitando os intercambios comerciais. Isto provocou unha gran diminución do turismo, unha das principais fontes de ingreso da cidade.