Batalla de Guadalete
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Guadalete (en árabe clásico: معركة وادي لكة) foi un conflito bélico que tivo lugar no ano 711 preto do río Guadalete, na provincia de Cádiz. Supuxo a fin do reino visigodo e deu comezo á invasión musulmá da Península Ibérica.
A partir de crónicas árabes dos séculos X e XI,[1] afirmouse o enfrontamente entre o exército visigodo, comandado por derradeiro rei, Don Rodrigo, e un exército musulmán procedente do norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Vitiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila, e que estivo comandado por Tariq ibn Ziyad, ás ordes co califato omeia de Damasco.
Como consecuencia da batalla, o rei Don Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, e comezou a invasión musulmá da Península Ibérica. Anos despois, no 722, a Batalla de Covadonga daría comezo á Reconquista.