Axum
From Wikipedia, the free encyclopedia
Axum ou Aksum (pronounciase: i/ˈɑːkˈsuːm/) é unha cidade da rexión de Tigray, cunha poboación de 66.900 habitantes (en 2015), no norte de Etiopía, localízase na base dos montes Adoua. Foi o centro do Imperio Axumita,[1][2][3] unha potencia naval e comercial que gobernou toda a rexión, ademais de partes de Asia occidental como Arabia Saudita e Iemen. Gobernou a rexión desde aproximadamente o 400 a.C. ata o século X. Axum está situado no distrito de La'ilay Maychew de Etiopía.[4]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Etiopía | |||
Rexións | Rexión de Tigray | |||
Zona | Mehakelegnaw Zone (en) | |||
Woreda | Axum town (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 66.800 (2015) (3.867,98 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 17,27 km² | |||
Altitude | 2.131 m | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Axum | |
---|---|
Vista de Axum | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Etiopía |
Localización | 14°07′42″N 38°43′021″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 1980 (4ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 15 |
Axum está situado na Zona Central da Rexión de Tigray, preto da base das montañas Adwa. Ten unha altitude de 2131 m. e está rodeado por La'ilay Maychew, unha woreda da rexión de Tigray administrada por separado, as ruínas da antiga capital inclúen obeliscos monolíticos, estelas xigantescas, túmulos reais e antigos castelos. A Igrexa Etíope Tewahedo afirma que no templo da nosa señora María de Sión está a Arca da Alianza, considerada polos coptos a cidade máis sagrada de Etiopía e é un importante centro de peregrinacións. O 88% da poboación é copta, o resto son fundamentalmente musulmáns.
En 1980, a UNESCO engadiu os sitios arqueolóxicos de Axum á súa lista de Patrimonio da Humanidade debido ao seu valor histórico. Antes do comezo da Guerra do Tigray en 2020, Axum era un destino turístico líder para os visitantes estranxeiros.[5]