Denver
capital do Estado de Colorado, Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denver é a cidade máis grande e capital do Estado de Colorado, Estados Unidos. Ademais, e despois de El Paso, é o condado con máis habitantes do estado. Está situada no río South Platte, no extremo occidental dos High Plains, ao leste das Montañas Rochosas (Rocky Mountains, en inglés). O distrito central de Denver sitúase inmediatamente ao leste da confluencia do afluente Cherry Creek co río South Platte, aproximadamente a 19 quilómetros ao leste do contraforte das Montañas Rochosas. Denver é coñecida como A cidade dunha milla de altura (Mile-High City) debido a que a súa altura oficial é exactamente dunha milla (aproximadamente 1,62 quilómetros) sobre o nivel do mar (nos banzos do edificio capital do estado). A poboación estimada en 2011 era de 619.968, o que facía de Denver a 23ª cidade máis poboada dos Estados Unidos. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield tiña unha poboación en 2011 duns 2 599 504 de habitantes, e por iso foi clasificada como a 21ª área metropolitana máis poboada do país. Ademais, Denver é a segunda cidade máis poboada da rexión de Moutain West e do suroeste dos Estados Unidos despois de Phoenix.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Alcume | Mile High City | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | James W. Denver (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Colorado | ||||
County of Colorado (en) | Denver County (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 715.522 (2020) (1.782,74 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 287.756 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Denver metropolitan area (en) (Poboación:2.963.821) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 401,359761 km² | ||||
Auga | 1,055 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Rio Platte Sul (pt) e Cherry Creek (en) | ||||
Altitude | 1.609 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 22 de novembro de 1858 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Denver, Colorado (en) | Michael Hancock (Colorado politician) (pt) (2011–2023) Mike Johnston (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 80201–80212, 80214–80239, 80241, 80243–80244, 80246–80252, 80256–80266, 80271, 80273–80274, 80279–80281, 80290–80291, 80293–80295, 80299, 80123 e 80127 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | denvergov.org | ||||