Atentado na sede de Charlie Hebdo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O atentado na sede de Charlie Hebdo ocorreu o 7 de xaneiro de 2015, arredor das 10:30 (UTC). Dous homes encarapuchados e armados con rifles Kalashnikov, unha escopeta e un lanzagranadas entraron na sede do xornal satírico francés Charlie Hebdo en París, que recibira a atención internacional polas súas regulares representacións satíricas de Mahoma.[10][11][12][13][14] O ataque rematou coa morte de 12 persoas, incluíndo o editor Stéphane "Charb" Charbonnier, oito empregados de Charlie Hebdo e dous oficiais da Policía Nacional,[15] mentres 11 persoas resultaron feridas.[16][17][18]
Atentado na sede de Charlie Hebdo | |
---|---|
Periodistas e policías no lugar dos feitos, momentos despois do atentado. | |
Lugar | Rue Nicolas-Appert, 10 XI distrito de París |
Coordenadas | 48°51′33″N 2°22′13″L |
Branco(s) | Semanario satírico Charlie Hebdo |
Data | 7 de xaneiro de 2015 ~ 11:00 a. m. (UTC +1) |
Tipo de ataque | Tiroteo |
Arma(s) | |
Mortos | 12 |
Feridos | 11 |
Perpetrador(es) | Al Qaeda[7] Saïd Kouachi, Chérif Kouachi e quizais unha terceira persoa[8][9] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os homes armados entraron no edificio e comezaron a disparar coas armas automáticas, ó tempo que berraban "Allahu Akbar", en árabe "Deus é grande".[19] Producíronse máis 50 disparos durante o ataque.[20]
Varias persoas foron detidas pola súa conexión co ataque, namentres a captura dos dous principais sospeitosos segue o seu curso.[15] Un terceiro sospeitoso foi identificado pola policía e entregouse el mesmo, non hai cargos contra el.[15] Os asaltantes foron descritos pola policía como "armados e perigosos", e o nivel de ameaza en Illa de Francia e Picardía foi elevado ó máximo posible.[15] O 9 de xaneiro, os asaltantes foron identificados pola policía nunha área industrial de Sena e Marne, onde tomaron un refén.[21] A conexión entre o atentado de Charlie Hebdo e outro ataque en Montrouge por un cuarto sospeitoso foi confirmada. Estoutro asaltante tomou reféns preto de Porte de Vincennes.[22] Forzas da policía foron conducidas até Dammartin e Porte de Vincennes de xeito simultáneo, e conseguiron acabar con tódolos asaltantes. No proceso, algúns reféns foron feridos ou mortos.[23]François Hollande confirmou que catro persoas foron asasinadas no secuestro do supermercado de Vincennes.[24]
Este incidente é o acto de terrorismo máis mortal en Francia dende o tren bomba de Vitry-Le-François en 1961, levado a cabo pola organización paramilitar OAS que se opoñía á independencia de Alxeria, e que se saldou con 28 persoas mortas.[25]
Os traballadores restantes de Charlie Hebdo anunciaron que continuarán coa publicación, imprimíndose a edición da vindeira semana como de costume,[26] pero cunha tirada meirande, con máis dun millón de exemplares.[27] A tirada finalmente chegou ós cinco millóns, despois de ser ampliada.[Cómpre referencia]