Charlie Hebdo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Charlie Hebdo (pronunciado en francés: ʃaʁli ɛbdo) é un semanario satírico francés de esquerdas. Foi fundado en 1992 e tomou o seu nome dunha publicación satírica anterior que existiu entre 1969 e 1981, primeiro como Hara-kiri, Hara-kiri hebdo e finalmente como Charlie Hebdo.
Charlie Hebdo Journal Irresponsable | |
---|---|
Antiga sede do semanario en París. | |
Tipo | Revista satírica |
Formato de páxina | Tabloide |
Nº de páxinas | 16 |
Cor | 4 cores |
Fundación | 1970 (refundado en 1992) |
Propietario | Riss |
Director | Riss |
Tendencia | Esquerda política |
Lingua | Francés |
Localidade | Francia |
Ámbito | Nacional (Francia) |
Periodicidade | Semanal |
Prezo | 3,00€ |
Tiraxe | 45.000 (2012) |
Predecesor | L'hebdo Hara-kiri |
ISSN | 1240-0068 |
Na rede | |
https://charliehebdo.fr e https://charliehebdo.fr/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase dun xornal cunha gran variedade de ilustracións que fai crónicas e publicacións de temas como as seitas, a extrema dereita, o catolicismo, o islamismo, o xudaísmo e a política. Segundo Stéphane Charbonnier, director da publicación, a redacción da revista recolle "tódalas seccións da esquerda plural e mesmo os abstencionistas"[1].
As publicacións do semanario foron motivo de xuízos, debates pola liberdade de expresión, acusacións de provocacións a colectivos relixosos e atentados, un deles con bombas molotov en 2011.[2] Porén, o máis grave foi o do 7 de xaneiro de 2015 na súa sede de París, no que dous encapuchados, membros de Al-Qaeda, asasinaron a doce persoas e feriron de gravidade a outras catro.