Anton Chekhov
escritor ruso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Anton Pavlovich Chekhov (en ruso: Антон Павлович Чехов), nado en Taganrog (Rusia) o 29 de xaneiro de 1860 e finado en Badenweiler (Alemaña) o 14 ou 15 de xullo de 1904, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno[1] considerado un dos máis grandes escritores de todos os tempos. A súa carreira como dramaturgo produciu catro clásicos, e os seus mellores relatos son moi apreciados por escritores e críticos.[2][3] Xunto con Henrik Ibsen e August Strindberg, Chekhov é frecuentemente referido como unha das tres figuras fundamentais do nacemento do primeiro modernismo no teatro.[4] Chekhov era médico de profesión. "A medicina é a miña lexítima esposa", dixo unha vez, "e a literatura a miña amante".[5]
Nome orixinal | (ru) Антон Павлович Чехов |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ru) Антонъ Павловичъ Чеховъ 29 de xaneiro de 1860 Taganrog (Imperio Ruso) |
Morte | 15 de xullo de 1904 (44 anos) Badenweiler (Imperio Alemán) |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii 55°43′28″N 37°33′19″L |
Datos persoais | |
Residencia | Melikhovo (en) (1892–1898) |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Educación | Medical faculty of Moscow University (en) - doutor em medicina (pt) (1879–1884) Chekhov Gymnasium (en) (1868–1876) I.M. Sechenov First Moscow State Medical University (en) MSU Faculty (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa, Escrita creativa e profesional, Drama e medicina |
Ocupación | xornalista , escritor satírico , prosista , escritor , dramaturgo |
Xénero artístico | Realismo literario, novela curta, obra de teatro e conto |
Movemento | Realismo literario |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Брат моего брата Человек без селизёнки Антоша Чехонте |
Lingua | Lingua rusa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Olga Knipper (1901–1904) |
Pais | Pavel Chekhov (en) e Evgenia Chekhova (en) |
Irmáns | Maria Tchékhov (pt) , Aleksandr Tchekhov (pt) , Nikolai Chekhov (pt) e Michail Cechov (pt) |
Premios | |
|
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Chekhov renunciou ao teatro tras a mala recepción de A gaivota (en ruso: Чайка, Txaika) en 1896, pero a obra foi reestreada con grande éxito en 1898 no Teatro de Arte de Moscova de Constantin Stanislavski, que posteriormente produciu tamén Tío Vania (ruso: Дядя Ваня – Dyadya Vanya) de Chekhov e estreou as súas dúas últimas obras, Tres irmás (en ruso: Три сeстры́, Tri sestry) e O xardín das cerdeiras (en ruso: Вишнëвый сад, Vishniovy sad). Estas catro obras supoñen un reto para o conxunto actoral[6] así como ao público, porque en lugar da acción convencional Chekhov ofrece un "teatro do estado de ánimo" e unha "vida mergullada no texto".[7] As obras que escribiu Chekhov non eran complexas, senón fáciles de seguir, e creaban unha atmosfera un tanto inquietante para o público.[1]
Chekhov ao principio escribía contos para gañar diñeiro, pero a medida que crecía a súa ambición artística, introduciu innovacións formais que influíron na evolución do conto moderno.[8] Non se desculpaba polas dificultades que isto expuña aos lectores, insistindo en que o papel dun artista era expor preguntas, non respondelas.[n. 1]