Angela Gheorghiu
soprano romanesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Angela Gheorghiu (axuda · info) (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía),[1] é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán e moitos outros teatros de ópera de Europa e dos Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Puccini, se ben é considerada, a raíz das súas interpretacións de La traviata, como unha das mellores Violetta do mundo.[2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ro) Angela Burlacu 7 de setembro de 1965 (58 anos) Adjud, Romanía (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Romanía |
Educación | National University of Music Bucharest (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera , música , actriz |
Período de actividade | 1990 - |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Arta Florescu (en) e Mia Barbu (en) |
Lingua | Lingua romanesa |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | EMI Classics |
Familia | |
Cónxuxe | Roberto Alagna (1996–2013) |
Premios | |
Páxina web | angelagheorghiu.com |
|
Pechar