La traviata
ópera de Giuseppe Verdi / From Wikipedia, the free encyclopedia
La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi con libreto de Francesco Maria Piave. Está baseada na novela de Alexandre Dumas A dama das camelias (1852), aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Foi estreada o 6 de marzo de 1853 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. Orixinalmente foi titulada Violetta polo seu personaxe principal.
Cartel da estrea. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Francesco Maria Piave |
Fontes literarias | Baseado na obra de Alexandre Dumas, A dama das camelias (1852) |
Estrea | 6 de marzo de 1853 |
Teatro da estrea | La Fenice |
Lugar da estrea | Venecia |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Piave e Verdi querían seguir a Dumas dándolle á ópera unha ambientación contemporánea, mais as autoridades de La Fenice insistiron en que se ambientara no pasado, "c. 1700". Non foi ata a década de 1880 cando se respectaron os desexos orixinais do compositor e do libretista e se representaron producións "realistas".[2]
La traviata está considerada como a terceira ópera da comunmente denominada "triloxía popular" de Verdi, que se iniciou con Rigoletto en 1851, e continuou con Il trovatore en 1853.[3]