American Numismatic Society
asociación numismática / From Wikipedia, the free encyclopedia
A American Numismatic Society -ANS- (en galego: "Sociedade de Numismática dos Estados Unidos") é unha unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro dos Estados Unidos dedicada ao estudo e a investigación en materia numismática.[1][2]
- Non confundir con American Numismatic Association.
American Numismatic Society | |
---|---|
Acrónimo | ANS |
Tipo | sociedade científica |
Campo de traballo | numismática |
Data de fundación | 1858 |
Presidente/a | Ute Wartenberg (-) |
Localización | |
Enderezo | Fulton Street 75 (inglés) |
En | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
40°43′25″N 74°00′22″O | |
Na rede | |
http://www.numismatics.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O obxecto da sociedade é o estudo das moedas, a circulación monetaria, as medallas, as fichas comerciais e diversos obxectos relacionados, procedentes de calquera rexión do mundo e de calquera momento histórico. A súa sede central, no número 75 de Varick Street, en Manhattan, Nova York, acolle a biblioteca e a colección dedicadas á investigación numismática máis importantes dos Estados Unidos.[3] Estes recursos serven de apoio a especialistas, académicos, coleccionistas de moedas, numismáticos profesionais e persoas afeccionadas.[4]