Alexandra Fernández Gómez
política galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alexandra Fernández Gómez, nada en Vigo o 21 de outubro de 1988, é unha política galega. Resultou elixida deputada por En Marea no Congreso durante a XI e XII lexislatura,[1] de 2016 a 2019.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alexandra Fernández.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1988 (35 anos) Vigo, España |
Deputada de España | |
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua galega |
Pechar
Por discrepancias polo funcionamento do grupo político de En Marea no Congreso renunciou a presentarse ás Eleccións xerais de abril de 2019. Nas Eleccións xerais de novembro de 2019 solicitou publicamente o apoio para o BNG. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 participou na candidatura do Bloque Nacionalista Galego como número tres pola provincia de Pontevedra.