En Marea
coalición electoral galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
En Marea foi unha coalición galega que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura estaba inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".[2]
En Marea | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Luís Villares[1] Voceiro único |
Historia | |
Fundación | Novembro de 2015 Coalición 30 de xullo de 2016 Partido |
Disolución | 26 de setembro de 2020 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia Participativa Esquerdismo Nacionalismo galego |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 0 / 75 |
Congreso dos Deputados (Escanos galegos) | 0 / 23 |
Senado de España (Escanos galegos) | 0 / 19 |
Outros datos | |
Na rede | |
enmarea.gal | |
A coalición estaba conformada por diversos partidos e plataformas:
- Marea Atlántica
- Compostela Aberta
- Marea Pontevedra[3]
- Ferrol en Común
- Encontro por unha Marea Galega[4]
- Ourense en Común[5]
Orixinalmente, tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.
O 26 de setembro de 2020, nun Plenario extraordinario, En Marea acordou a súa disolución ao considerar "acabada" a súa etapa ao asumir o esgotamento da candidatura logo do resultado das eleccións do 12X, nas que obtiveron un exiguo 0,22% dos votos.[6]