100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo é unha listaxe elaborada polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI) da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN),[1][2] co fin de concienciar sobre a complexidade, importancia e consecuencia das especies exóticas invasoras. Foi citada en diversos traballos científicos.[3]
Os criterios seguidos para elaborar a listaxe foron:
- Severidade do impacto da especie sobre a biodiversidade ou as actividades humanas.
- Ser exemplos ilustrativos de importantes temas relacionados coas invasións biolóxicas.
Para que os exemplos fosen o máis variados posíbel, só se incluíu unha especie por xénero; por iso, que unha especie non estea incluída nesta listaxe, non indica que o seu dano ao medio ambiente sexa menor.
A seguir inclúese a listaxe completa das especies que figuran na publicación elaborada pola UICN. A columna «Motivo» é unha ligazón coa ficha da Global Invasive Species Database onde se detalla a ecoloxía e maila distribución da especie, así como os motivos para a súa inclusión na listaxe.