Ambiente
conxunto de compoñentes físicos, químicos e biolóxicos externos cos que interactúan os seres vivos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ambiente[1] (ou o medio)[2], en ecoloxía, defínese como os elementos bióticos e abióticos que rodean aos organismos, ou ás poboacións, e que determinan a súa capacidade de supervivencia, o seu desenvolvemento e a súa evolución.[3][4][5][6] O conxunto de condicións externas que afectan a esas condicións poden ser de tipo social e cultural, e nalgúns contextos, incluso políticas e económicas.[4] As dimensións dos ambientes varían desde escalas microscópicas ao conxunto da terra e son incontables. Os ambientes pódense clasificar segundo as súas características, por exemplo, en ambientes mariños, atmosféricos ou terrestres.[5] Cando se lle presta atención aos espazos ocupados polas especies, o termo ambiente adoita ser un sinónimo de hábitat.
- Para a publicación semanal véxase Ambiente (O Carballiño).
Os espazos onde as actividades humanas tiveron un efecto de transformación importante do ambiente "natural", como a construción de cidades e urbanizacións ou transformado a terra en labradío intensivo, pódese definir como ambientes de antroposfera.
O "día mundial do ambiente" celebrase o 5 de xuño.[7]