Óengus I
rei dos pictos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Óengus, fillo de Fergus (en picto: *Onuist map Urguist;[1] en irlandés antigo: Óengus mac Fergusso, "Angus mac Fergus"), foi rei dos pictos dende 732 até a súa morte en 761. O seu reinado pode ser reconstruído a partir dos detalles de diferentes fontes.
A figura do Antigo Testamento que amosa o rei David matando un león no sartego de St Andrews crese que representa o rei Óengus. A figura está vestida como un emperador romano da antigüidade tardía e leva unha fíbula como a do emperador Xustiniano I no mosaico da Basílica de San Vital de Rávena. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 761 St Andrews |
Lugar de sepultura | St Andrews |
Lista de reis dos pictos | |
732 – 761 ← Nechtan mac Der-Ilei – Bridei V → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Talorgan II |
Irmáns | Bridei V |
Óengus converteuse en xefe e rei dos pictos despois dun período de guerra civil a finais da década de 720. Durante o seu reinado, o reino veciño de Dál Riata foi subxugado e o reino de Strathclyde foi atacado con menos éxito. O gobernante máis poderoso de Escocia durante máis de dúas décadas, estivo involucrado en guerras en Irlanda e Inglaterra. Os reis da familia Óengus dominaron as terras pictas até 839, cando unha desastrosa derrota contra os viquingos provocou un novo período de inestabilidade que rematou coa chegada ó poder de Cináed mac Ailpín.