Zacatecas
capital do estado de Zacatecas, en México / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | México | |||
Estado federado | Estado de Zacatecas | |||
Concello | Zacatecas (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 122.889 (2010) (345,06 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 356,14 km² | |||
Altitude | 2.440 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 492-xx-xxx-xx | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Málaga Hanover Township (en) Lynwood (pt) Oaxaca de Juárez Orihuela Norwalk (pt) El Paso Prayagraj Azusa (Califórnia) (pt) Victoria de Durango (2012–) | |||
Páxina web | capitalzacatecas.gob.mx |
Centro histórico de Zacatecas | |
---|---|
Centro histórico de Zacatecas | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | México |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1993 (17ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 676 |
A cidade ostenta os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Zacatecas, outorgamento dado polo rei Filipe II de España o día 20 de xuño de 1588 en San Lorenzo de El Escorial, Madrid.[1]
En 1993, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia. O 23 de xuño de 2010 foi nomeada "cidade heroica" pola LX Lexislatura do Poder Lexislativo do Estado de Zacatecas e publicado o bando solemne polo Concello o 10 de novembro do mesmo ano.[2]