Xénero musical
categoría que reúne composicións musicais que comparten distintos criterios de afindade / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un xénero musical é unha categoría que reúne composicións musicais que comparten distintos criterios de afinidade.[1] Estes criterios poden ser especificamente musicais, como o ritmo, a instrumentación, as características harmónicas ou melódicas ou a súa estrutura, e tamén basearse en características non musicais, como a rexión xeográfica de orixe, o período histórico, o contexto sociocultural ou outros aspectos máis amplos dunha determinada cultura.
Os xéneros á súa vez divídense en subxéneros. Nalgúns xéneros determinados como o flamenco o termo subxénero substitúese por outro que determina cada unha das variedades denominándose dunha forma propia, neste caso adoita chamarse palo. Unha composición musical pode ser clasificada dentro de varios xéneros, e é expresada a través do estilo concreto do artista. Nos casos en que esta multiplicidade de xéneros resulta evidente dentro do estilo do artista, ou é un obxectivo buscado polo compositor, adoita falarse de música de fusión, que si se chegan a xeneralizar o suficiente poden chegar a formar xéneros de fusión practicamente independentes.