Xénero
páxina de homónimos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xénero é unha palabra que significa "tipo, clase, categoría" e que ten distintos significados en galego.
- En bioloxía, o xénero é un taxon por riba da especie, é dicir, que agrupa un conxunto de especies con certos caracteres comúns, e que se inclúe, con outros xéneros, nunha familia, orde e clase.
- Por outra parte (e en relación cos xéneros gramaticais), nos organismos, incluída a especie humana, falamos de dúas clases de individuos, os machos (♂) e as femias (♀), segundo o seu xénero sexual.
- En lingüística e gramática, o xénero refire o concepto de xénero gramatical masculino ou feminino. Trátase dun trazo gramatical que permite repartir certas clases lexicais nun número pechado de categorías que responden vagamente a criterios ligados ó sexo, no caso das palabras que refiren seres animados.
- En ciencias sociais e en medicina, o concepto de xénero foi creado para facer referencias ás diferenzas non biolóxicas (psicolóxicas, sociais, económicas, demográficas, políticas…) que distinguen os homes e as mulleres.
- En matemáticas, o xénero adquire algunhas significacións diferentes, aínda que relacionadas.
- Nas artes enténdese por xénero cada unha das categorías en que se poden ordenar as obras atendendo a trazos comúns de forma, contido ou función. A palabra xénero permite definir a pertenza a un estilo ou a un movemento. É por exemplo o caso de:
- o xénero musical
- o xénero cinematográfico
- o xénero teatral
- o xénero literario
- Na filosofía o concepto de xénero tivo unha importancia notable entre os filósofos da lingua.
- En ciencias sociais o xénero é o conxunto de características diferenciadas que cada sociedade asigna a homes e mulleres.
- Tamén se emprega este termo na área interdisciplinar denominada estudos de xénero, que abarca os estudos centrados nas relacións entre os homes e a mulleres e nas construcións culturais ligadas a elas nas sociedades.
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |