Xunta do Reino de Galicia
asemblea representativa do Reino de Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Xunta, Xunta Xeral, Xuntas ou Cortes do Reino de Galicia[1] foi a representación do reino de Galicia[2] desde o ano 1528 –cando a asemblea xeral de poderes do Reino uniuse para constituír as irmandades[3]-- ata 1834, cando o Reino de Galicia e a súa Xunta Xeral foi oficialmente desmantelado por Real Decreto. A Xunta do Reino de Galicia declarouse a si mesma como a autoridade suprema do Reino desde o 18 de xuño de 1808, durante a Guerra de Independencia española e debido á abdicación do Rei, e ata que Galicia foi conquistada polas tropas de Napoleón en 1809.[4]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunta de Galicia (homónimos).