Xunta Suprema de Goberno (1808)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Xunta Suprema de Goberno foi un órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII de España, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.
- Cómpre non confundir esta Xunta coa Xunta Suprema Central
Despois da fuxida deste cara a Baiona o 4 de maio de 1808, foi presidida polo xeneral Murat, Lugartenente de Napoleón en España, até a retirada do exército francés do país.