Xunta Suprema Central
órgano de goberno español durante a ocupación napoleónica de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Xunta Suprema Central foi un órgano de goberno formado o 25 de setembro de 1808 que acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a ocupación napoleónica de España.
- Cómpre non confundir esta Xunta coa Xunta Suprema de Goberno
Xunta Suprema Central | |
---|---|
Tipo | poder lexislativo e Poder executivo |
Data de fundación | 25 de setembro de 1808 |
Sede | Aranjuez |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nela había representantes das Xuntas que se formaran nas provincias españolas como, entre outras, a que se formou na provincia de Sevilla o 27 de maio de 1808, que se chamou nun comezo Xunta Suprema de España e Indias, ou na da Coruña que o 5 de xuño do mesmo deu lugar á Xunta Suprema do Reino de Galicia. Ambas as dúas tiveron un papel moi importante na resistencia militar do sur e o noroeste de España, respectivamente, así como na comunicación con Inglaterra e coas colonias americanas.
A Xunta Suprema Central pasaría a chamarse en 1810 Consello de Rexencia de España e Indias.