Xeoide
From Wikipedia, the free encyclopedia
O xeoide[1] (do grego γεια gueia, ‘terra’, e ειδος eidos, ‘forma’, ‘aparencia’, polo que significaría ‘forma que ten a Terra’) é o corpo definido pola superficie equipotencial do campo de gravidade terrestre.[2] É un modelo bastante acertado da forma da Terra, establecido nunha forma case esférica aínda que cun lixeiro achatamento nos polos (esferoide), pero que garda as diferenzas propias da gravidade en vinculación ás masas diferenciais dos perfís de composición vertical do planeta.