Xava
isla de Asia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xava[1] (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Xava | |
---|---|
ꦗꦮ | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas da Sonda, Illas maiores da Sonda |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°30′10″S 111°15′47″L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 138.793´6 km² |
Longura máxima | 1062 |
Largura máxima | 199 |
Perímetro | 2-884´7 |
Punto máis alto | 3.676 m. Semeru |
Demografía | |
Capital | Iacarta (pob. 10.135.030 hab) |
Poboación | 145.000.000 hab. (2015) |
Xentilicio | xavanés |
Lingua propia | Xavanés |
Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanés é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas.