Voo 9525 de Germanwings
Accidente deliberado dun Airbus A320 nos Alpes franceses o 24 de marzo de 2015 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 9525 de Germanwings (4U9525/GWI18G)[1] foi un voo regular internacional entre o Aeroporto de Barcelona-El Prat e o Aeroporto Internacional de Düsseldorf, operado por Germanwings, filial de baixo custo de Lufthansa.
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 9525 de Germanwings | |
---|---|
D-AIPX, o avión accidentado nunha imaxe de maio de 2014. | |
Resumo | |
Data | 24 de marzo de 2015 |
Causa | voo deliberadamente controlado contra o terreo; baixo investigación |
Lugar | Prads-Haute-Bléone, Alpes da Alta Provenza |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto de Barcelona-El Prat |
Destino | Aeroporto de Düsseldorf |
Finados | 150 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A320-200 |
Operador | Germanwings |
Rexistro | D-AIPX |
Pasaxeiros | 144 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0 |
Pechar
O día 24 de marzo de 2015 o avión que realizaba a ruta estrelouse nos Alpes Franceses, no departamento dos Alpes da Alta Provenza, tras un descenso constante que comezou un minuto despois do seu derradeiro contacto rutineiro co control aéreo e ao pouco tempo de alcanzar a súa altitude de cruceiro. O fiscal do caso, as autoridades francesas e alemás, e un voceiro de Germanwings afirmaron que o accidente foi intencionado.[2][3][4] O choque matou os 150 ocupantes do aparello, 144 pasaxeiros e 6 tripulantes.